Saltar ao contido

Jacinto Lamosa Novas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacinto Lamosa Novas
Biografía
Nacementoc. 1884 Editar o valor en Wikidata
Bueu, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Marín, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 12696

Jacinto Manuel Lamosa Novas, nado en Bueu cara a 1884 e finado en Marín o 7 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Serrador veciño de Beluso. Fundador da Sociedade El Progreso e presidente da Sociedade de Canteiros e Oficios Varios de Bueu. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xunto cos tamén detidos Francisco Escáneo Franco, Francisco García Villanueva e José Seijas Camiña foron asasinados a madrugada do 7 de decembro. O cadáver de Jacinto Lamosa apareceu nas inmediacións do cemiterio municipal de Marín xunto co de Francisco Escáneo. Soterrado no cemiterio de Marín, foi inscrito inicialmente como un cadáver descoñecido, e foi identificado o 27 de novembro de 1981. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]